| A Secretaría Xeral de Modernización, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, está a organizar a Xornada Construíndo un sector TIC en igualdade. Este encontro forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal, a estratexia da Xunta de Galicia no ámbito das novas tecnoloxías, e realízase no marco das actuacións da Unidade da Muller e Ciencia.O obxectivo da citada xornada é analizar a situación actual das mulleres galegas no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), propoñendo iniciativas para impulsar o seu perfil profesional.
|
|
A edición electrónica do Diario Oficial de Galicia (DOG) substituirá definitivamente á versión impresa o vindeiro luns, 2 de maio, segundo a orde publicada hoxe no propio Diario Oficial, o que supón subir un chanzo máis no proceso de modernización da Administración autonómica e cúmprese cun dos obxectivos recollidos no decreto de Administración electrónica aprobado polo Goberno galego o pasado mes de decembro.
|
|
| Unha nova contorna de escritorio (Unity), un soporte case universal de hardware (aínda que non se aproveiten todas as súas funcións), versións novas de todo o software incluído por defecto (como Firefox ou LibreOffice, ou Banshee), un mellor rendemento (sobre todo á hora do arranque)...
|
|
 A novidade máis destacable desta nova versión estable é a posibilidade de poder gravar a nosa voz usando soamente HTML, grazas aos novos estándares. Como sempre, Chrome é gratuíto e podemos descargar a nova versión desde a súa web oficial ou ben actualizando desde o panel ?Acerca de? do navegador. Ah, e reflectindo o avance na canle estable, Google deu tamén un paso adiante nas súas canles de desenvolvemento coa chegada da versión 13. |
|
A asociación de empresas galegas dedicadas a desenvolver software e todo tipo de servizos TIC, EGANET, foi creada no ano 2000 para representar e defender os intereses destas entidades e profesionais que desenvolven a súa actividade empresarial no noso país, contribuíndo co seu gran de area a construir unha Galicia máis avanzada e acorde cos tempos. Con esta teima, a asociación galega convoca con asiduidade cursos de interese para os seus asociados, ben en relación coas TIC, ou ben en relación co mundo empresarial en xeral, para que ningunha idea innovadora quede ás portas de converterse en iniciativa de éxito. As últimas accións formativas que EGANET vén de anunciar para celebrar en breve son, precisamente, dúas relacionadas coas competencias e habilidades do empresariado, que se desenvolverán nos meses de maio e xuño.
|
|
Desde que Oracle comprou Sun, había dúbidas sobre a continuidade de OpenOffice. Polo si ou polo non, algúns desarrolladores crearon LibreOffice para manter viva a suite ofimática. Finalmente, Oracle pon as súas cartas sobre a mesa anunciando que OpenOffice pasará a ser un proxecto dirixido pola comunidade.
Oracle non ofrecerá máis versións comerciais de OpenOffice, pero non deixará totalmente de lado OpenOffice: pretenden axudar aos desarrolladores que adopten o proxecto e seguirán apoiando o Open Document Format, ODF.
|
|
A ritmo de rock, sen tanta presa como outros anos porén coas mesmas ganas de sempre, os participantes da 12ª edición da Xuventude Galicia Net, que se celebra estes días en Santiago de Compostela, foron ocupando os seus asentos cunha orde e unha templanza difícil de imaxinar en congregacións desta índole, como se de un ano para outro, os habituais a esta party informática deixaran reservado o seu espazo de toda a vida e non tiveran que preocuparse máis que de buscar a vellos amigos coñecidos hai anos neste mesmo evento.
|
|
|
|